Sunday 28 de April de 2024

Clausurado o curso Adquisición do idioma de acollida, impartido pola Mancomunidade de Ordes


A concelleira de Benestar Social do Concello de Ordes, Susana García, clausurou esta mañá o curso Adquisición do idioma de acollida, o cal se impartiu por parte da Mancomunidade de Ordes dende o pasado mes de maio. Esta actuación tivo unha duración total de 48 horas e nela participaron 11 mulleres de distintas nacionalidades. Organizada por Estratexia de Inclusión Social de Galicia, ente pertencente ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o curso enmárcase dentro do programa operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2015. Como principais obxectivos ten a inclusión social e a loita contra a pobreza e a discriminación.